Este curso imos facer diferentes actividades para celebrar o Día da muller.
Desde a Biblioteca do colexio queremos animarte a que elabores un sinxelo vídeo.
Podes seguir os pasos vendo este titorial.´
Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!
Este curso imos facer diferentes actividades para celebrar o Día da muller.
Desde a Biblioteca do colexio queremos animarte a que elabores un sinxelo vídeo.
Podes seguir os pasos vendo este titorial.´
Desde o ano 2017, para o equipo de Dinamización de Biblioteca celebrar este día, divulgando a vida e a obra da nosa escritora máis universal, é o noso obxectivo primordial.
Ao longo destes sete anos programamos e realizamos diferentes actividades e materiais que podedes ver neste blog.
Para este ano decidimos celebralo elaborando dez carteis que se vinculan cada un deles a un vídeo-poema.
Estes carteis podedes velos por todo o pobo de Vilanova de Lourenzá.
O primeiro cartel foi elaborado por o alumnado que se queda polas tardes na biblioteca. Alumnado de diferentes idades.
Este cartel ten un código qr que nos leva a biografía Eu son Libre. Escrita por Chelo e ilustrada polos alumnos do colexio.
O alumnado de 4º de E.I. ilustran e recitan e ilustran por primeira vez na súa vida este fermoso poema.