Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

31 may 2012

A NOSA HOMENAXE A VALENTÍN PAZ ANDRADE

Como xa sabedes, este ano adicamos o día das Letras Galegas a Valentín Paz Andrade. Dende a Biblioteca, o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega e os Equipos de Ciclo do noso centro fixemos esta homenaxe.


Na aula de tres anos personalizaron  
coas súas fotos as ovellas de Bernardino.



Os alumnos e alumnas de 5 anos recordáronnos nun calendario a data na do día das Letras Galegas cunha ilustración do poema "O Canteiro".

 
  
A aula de 1º de primaria recreou algunha portada
 da obra de Valentín.




 Os alumn@s de 3º ilustraron unha estrofa da " Cantiga Matinal de Samil" da Sementeira do Vento.



Os alumn@s de 4º de primaria 
recordáronnos a quen se lle adicaron as Letras Galegas dende o seu comezo ata o día de hoxe.






Os alumn@s de 5º recrearon  a " Cantarela do Camiñante"





E os de 6º fixeron un mural alusivo ao pastor Bernardino.


29 may 2012

O RATO VIRIATO

Fabola está moi leda porque xa rematou o seu primeiro conto.


FACEMOS UN MURAL

Os alumn@s de 2º curso de primaria do Ceip Juan Rey fixemos un mural. Estes son os pasos que seguimos.

CUÉNTAME UN CUENTO

Los alumnos y alumnas de 2º de primaria nos cuentan un cuento. Este cuento lo podrás encontrar en la biblioteca " A casiña de Fabola" del Ceip Juan Rey .