Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

8 may 2014

Día do libro. A maleta da avoa.

o  día do libro veunos ver  unha chica chamada Raquel Queizás.
Tiña moitas cousas nunha maleta da súa avoa.

Os Planetas do Sistema Solar.

Nerea e Mario fixemos este vídeo para que repasedes os planetas Sistema Solar.

A rotación da Terra.

Fixen esta ficha para que teñades claro que é o movemento de rotación da Terra.
Diego E 3º.

O río Miño.


                                                   
Os numerosos ríos galegos en xeral, excepto o Miño, son curtos,pero levan bastante auga durante todo o ano debido ás chuvia abundantes.

-O río Miño e o seu afluente o Sil son os máis longos de Galicia, e recollen as augas da metade do territorio da comunidade.
O Miño ten a súa cabeceira na serra de Meira e percorre 310 quilómetros ata a desembocadura na Guarda, na provincia de Pontevedra. Pasa polas cidades de Lugo e Ourense. Claudia e Adriana G. 3º

7 may 2014

Telefabola: Niños en forma de copa.

Podedes ver neste orixinal noticieiro como Elena, Antía e Aroa nos contan como son os niños en forma de copa.

Mundo cooperante.

Mundo cooperante como en anos anteriores acudiu a nosa biblioteca facer dúas actividades relacionadas coa igualdade e a violencia de xénero.
Aos de infantil contoulles  As aventuras do galo Fabián e despois fixeron un debuxo que podedes ver no noso corcho do artista.
Contando aos maiores.

Exposición

Contando o conto




Simón en Africa.

A nai de Mario, Ana Belén contounos o conto : Simón en Africa, que nos gustou moito.
Convidamos este trimeste a todos os nosos familiares a vir contarnos un conto. Grazas.


Recital de poesía.

O pasado 21 de marzo celebramos o día internacional da poesía, e por iso todos os nenos que quixeron prepararon diferentes poemas para un recital. Abaixo tedes o vídeo de como resultou. Tedes que perdoar os erros, recitar é tamén un arte , e non somos profesionais.

6 may 2014

Contamos un conto: Bebé Bigotes.

Os nenos de 3º iniciamos os xoves pola tarde no recreo de comedor a ler e representar os "Best-seller" da Casiña de Fabola. 
      Empezamos por Bebé Bigotes , que podedes ler aquí na biblioteca ou tamén levalo para a casa e contarllo as vosas familias.

 Si pinchades no vídeo podedes ver a grabación en directo e nunha soa toma que fixemos.

Rato Tom e Rata Tomasa.

Os nenos e nenas de 4º contaron e representaron o conto: Rato Tom e Rata Tomasa, que está a vosa disposición aquí na Casa de Fabola. 


Coma sempre gravamos en directo e nunha soa toma a nosa  versión, pinchade no vídeo para velo.