Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

30 oct 2016

Día da Biblioteca 2016. Contamos contos para todos.

O día 24 de octubro celebramos este día proxectando e interpretando en directo estes libros que podedes atopar na biblioteca.

Os alumnos de 4 anos contaron Elmer y Rosa

      

Os alumnos de 5 contaron Os tres porquiños.



Os alumnos de 3º recopilaron en diferentes libros adiviñas moi divertidas.


Os de 1º dende o patio e a biblioteca  contaron Caperucita roja


Os alumnos de 2º contaron Corre corre Cabaciña.

Lecturas para pasar un pouquiño de medo.

Como se vai achegando "halloween" e o Samaín, dende a biblio fixemos esta selección dos nosos libros de medo favoritos.




Os grumos na biblioteca .

Para empezar o outono dende a biblioteca recomendamos a todos a lectura dos libros:  El bosque de los grumos e El misterio de los grumos.
Estes libros de Carlos Fabretti fainos viaxar por un fermoso e misterioso bosque cheo de persoaxes fantásticos.
Aos alumnos de 4º esculpiron e imaxinaron como serían. Esperamos que vos gusten e que vos pasedes a velos.
Así pensamos que son...e tí?


30 jun 2016

Viaxamos ao Espazo con Fabola.

 Para rematar o  curso queremos amosarvos as diferentes actividades que empezaron para celebrar o Día Internacional do Espazo en outubro e que remataron en maio. Foi un curso no que fixemos unha exposición que abarcou dende o Big Bang ata a Estación Espacial Internacional.
 Recopilamos todo o que tiñamos e elaboramos para os fondos de biblioteca un atlas visual, vídeos e xogos adaptados aos nosos alumnos/as.  Despois de realizadas as actividades os alumnos/as levaron para a casa a chamada “Mochila do Espazo”, que contén  un cosmógrafo, un atlas do espazo e un telescopio infantil, que tivo moito éxito estando ao longo do curso sempre emprestado e con lista de espera. 
Moitas grazas a todos e felices vacacións!!!
Neste vídeo  podedes ver unha viaxe polo Sistema Solar con guión e montaxe dos alumnos de 4º de Primaria.
Viaxando polo Sistema Solar
Aquí podedes ver un telexornal e uns xogos creados polos nenos de 3º de Primaria.


Esta é a nosa " Mochila do Espazo" 


Aquí tedes os murais feitos por todos:
Así empezou todo...

Fabola Astronauta

A Galaxia
Sistema Solar

                                                                                   
Exposición de fondos 


                                         

           
Tamén vimos unha peli muda que nos encantou!!!
Fixemos tamén debuxos e contos.










5 jun 2016

Proxecto de Investigación: "Si morren as abellas morremos nós"

Os alumnos de 4º e 6º traballaron este curso o mundo dás abellas e do mel tan importante para a nosa vida.Estudamos tamén  a ameaza que supón as vespas velutinas que afectan cada vez máis a toda Galicia, como podedes ver nestes vídeos.




Unha vez rematado o proxecto, decidimos montar a Exposición de Voz Natura coas nosas investigacións. Viñemos moi contentos xa que quedamos finalistas, aquí van unhas fotos. Gracias a todos por participar. Podedes ver esta exposición no colexio ata fin de curso.









18 may 2016

Escolma de versos. Homenaxe a Manuel María




Como xa sabedes esta semana celebramos o Día das Letras galegas, adicado este ano ao poeta Manuel María. 
Na biblioteca temos a vosa disposición a súa obra. Neste vídeo podedes ver os poemas que máis nos gustaron. Tamén vos poñemos debuxos que fixemos para ilustralos.



 
E para rematar a celebración fixemos o día 26 de maio unha celebración no patio do colexio. Elaboramos grandes murais e recitamos  por cursos os poemas que máis nos gustaron.

Infantil 3 e 4 anos.

Infantil 5 anos

1º.Primaria 
                   
1º Primaria



2º Primaria

3º Primaria

6º Primaria

4º Primaria
5º Primaria
                         








2 may 2016

Promo-libro: O Palacio de papel

Os alumnos de 3º leron e recoméndanvos : o Palacio de Papel.