Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

20 nov 2017

Convidámoste a ler Escarlatina , a cociñeira defunta de Ledicia Costas.

Convidámoste a ler  Escarlatina , a cociñeira defunta de Ledicia Costas.
Os alumn@s de 5º de E.P.leron este libro para empezar o curso . Como xa sabedes é un dos libros máis premiados e coñecidos de Ledicia Costas.


A eles tamén lles gustou moito. Aínda que non queremos contarvos o argumento non deixedes de visionar  este vídeo no que podedes ver a nosa opinión e os traballos que fixemos.

Deixamos este maletín “ terrorífico” na biblioteca  para que vos animedes a ler e a inventar a segunda parte…
Felicidades Ledicia, eres a mellor!!!

29 oct 2017

Día da Biblioteca 2017.

 Un curso máis celebramos este día lembrando a importancia das bibliotecas para a difusión da cultura e o coñecemento. para celebralo convidamos a todos a ler o pregón que podedes descargar aquí e participar no concurso de ilustradores ata o marte 31 de outubro. Sorte e moita imaxinación!!! Non deixedes de velos todos  aquí

                                                                     



 

Día das Biblioteca 2017, colaboración coa biblioteca do concello.

Esta semana estivemos celebrando o Día da Biblioteca.
Patrocinado polo concello de Lourenzá os alumnos de 5º e 6º visitaron a biblioteca municipal e realizaron un interesante obradoiro de maxia e literatura.




Despois ,aquí ,na nosa biblio tivemos unha actuación do Mago Albert  para todos , que nos gustou moito.

26 jun 2017

Biblioteca Escolar, Territorio das artes.


A través da Biblioteca, este curso, segundo  a proposta de Bibliotecas Escolares de adentrar aos nosos alumnos de E.I. e E.P. ao mundo da arte.
O equipo de biblioteca decidimos realizar diferentes actividades para introducir aos alumnos no mundo da arte tanto no coñecemento da historia da Arte, como no campo da investigación .
Dende a biblioteca facilitamos un  " recuncho de arte"onde os alumnos atoparon libros modernos e antigos nos que visionar as grandes obras  da humanidade.

Mostra de libros de Arte preferidos dos nosos lectores.
A partir de 3º de E. P. os alumnos realizaron sinxelas fichas  ALFIN. Na que localizaban e investigaban  obras de arte, museos e os grandes artistas da historia.


Tamén quixemos que os alumnos profundizaran tanto a nivel formal como histórico no  cadro máis famoso de Velázquez  " As Meninas".

"Meninas en Acción "

"Meninamotion"
                                  

"Meninapedia"
                                    



"Unha visita inesperada"
                                         


"As Meninas en Lourenzá"
                                         

                               
Megapaleta elaborada e diseñada por pais, profes e alumnos.

Vestidos elaborados e  diseñados por nós.

Velázquez elaborado polos nenos de E.I.



Proxecto " Investigamos os alimentos"

Os alumnos de  E.I investigaron os alimentos ao longo de todo o curso. Nestes vídeos  podedes ver a parte audiovisual do proxecto e o ben que o pasamos. Feliz verán!!!









22 may 2017

Carlos Casares, Letras galegas 2017

Fabola está moi contenta porque  Carlos Casares ten moitos libros para nenos. Aquí tedes a nosa exposición  que non deixachedes de visitar este mes.
Os nenos que pasaron pola biblioteca no recreo fixeron este vídeo. Primeiro leron o conto do Peixe no Xardín.
Elaboramos o guión e buscamos debuxos axeitados ao conto. Montamos entre todos. Esperamos que vos guste.
Con esta adaptación do conto de Carlos Casares homenaxeamos ao autor.
N noso conto Ana é Sofía, unha nena do noso colexio que se foi vivir a Escocia. Con este vídeo queremos que os seus compañeiros escoiten que fermosa é a nosa fala.
Feliz día das letras galegas!
Dear Sofía:
You went to Escocia from Galicia two years ago. Please, don´t forget us.
We ´re going to tell you the next stories that Carlos Casares wrote in 1991. 
“I´m Carlos Casares, listen to me”:the fish of the fountain in the garden.
Yesterday, a fish died, he was a red and blue one. He appeared floating into the fountain in the garden. The policeman buried it. Poor fish!
There was a woman selling oranges, plums and apples and she said: “ a boy hit him”.
The policeman with a big moustache looked at the children and asked them: “ Who made this?” 
The woman wanted to blame a blond and naughty boy called Xavier … and 
Leoncio appeared… Do you remember Leoncio? Leoncio is a mad man, he thinks like an electrician…
Here, you and me walking to Madrid and we met Leoncio making a speech against planes.
“ Planes are not birds, so they can´t fly! This girl flied like a butterfly if I would want”.
Listen to me!: “yesterday it was very hot”. I sat near the fountain and a bird went to drink, he fainted because he was very tired. The bird tweeted because he was in pain.
Then the fish jumped from the fountain and helped the bird to drink and refresh… but the bird can´t survive and he died.
Leoncio picked up the fish and threw him into the fountain.
But it was very late…
“Don’t feel sad! Sometime I´m going to invent a happiness bomb. From it we can get ice creams, sweets, cakes and toys.

2 may 2017

Semana do libro. Festa de Fabola.

Vai pasando o tempo e Fabola xa ten cinco anos. Como ides a ver fixemos moitas actividades para celebralo.
Pero  o mellor de todo  é que  os nenos do colexio pasades todas as semanas por aquí para coller un libro ou para facer un traballo. Iso é o que fai medrar a Fabola. Seguide así!!!!



Semana do Libro .Los tres cerditos.

Os alumnos de 6º prepararon esta orixinal proposta de teatro en verso. Escoitade e mirade que forma máis divertida de contar un conto.

Semana do Libro. A que sabe a Lúa 5º

Os alumnos de 5º contaron en directo esta fermosa historia.

Semana do libro. actuación de Manoel de Felisa

Como xa sabedes o 23 de Abril celebramos o Día do Libro.
Nós pensamos  que esta é unha data moi importante e por iso tivemos toda esta semana actividades para lembrar esta data.
Patrocinado polo concello asistimos a un recital do cantautor Manoel de Felisa que nos gustou moito, pois as súas cancións e poemas eran moi axeitados para os nenos.



Semana do Libro. Autorretratos literarios

Pensamos en facer unha homenaxe aos nosos libros favoritos. Por iso cada un de nós debuxou o seu 
 "autoretrato". que leva  incluido unha camiseta moi especial. Sabedes que significan?




Pola mañá e antes de tocar o timbre, Fabola tiñanos preparada unha caixa de aventuras para empezar ben o día.



Semana do Libro. A verdadeira historia de Dudoso

Esta semana tamén se cumple o 5 aniversario de Fabola, que como sabedes naceu o día do Libro.
Aquí tedes unha mostra do que fixemos.
Os alumnos de 4º amosaron o seu orixinal libro A verdadeira historia de Dudoso que como podedes ver está editado e rexistrado como todos os libros da biblioteca.










Neste vídeo podedes velo, seguro que vos gusta moito!!!



24 feb 2017

Día de Rosalía de Castro 2017

Toda esta semana lembramos a vida e a obra da nosa escritora máis universal. Fixemos estes vídeos nos  que ilustramos  e recitamos a súa obra.


                                        

                                        


                                         


Exposición dos traballos que podedes ver na biblioteca.

11 ene 2017

Lourenzá No Camiño

 Como sabedes o noso concello forma parte do Camiño Norte. Por iso diseñamos esta composición na que podedes ver diferentes imaxes de Lourenzá.


A contacontos Raquel veu recollela e amosounos tres fermosas historias que nós xa traballaramos na biblioteca e nas aulas:
Viches o León?
Todos somos iguais.
A princesa do Caurel.